Con motivo da presentación, na casa Habanera de Guitiriz , do libro "AS MIÑAS FILLAS DEVOLVÉRONME A VIDA", de Inés Fernández, recuperamos aquela peza de microteatro coa que xa fai uns anos paseamos as rúas de Lugo: O puño psicopatón. 

A violencia machista, non ten cabida nesta sociedade.

Xa levamos un mes traballando en torno á figura de Valle Inclán. O obradoiro está dando moito de sí, e moi pronto poderemos mostrarvos a todos o gran traballo que está a facer este novo equipo de teatreiros.

Polo de  agora, deixámosvos unha pequena imaxe, para ir abrindo boca!

Lucecús Teatro chega o 11 de decembro a Ferrol

A compañía poñerá en escena o espectáculo "A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna". Manuel de Paderna é un home que posúe o enfeitizo poético e o dominio da palabra que fai parar as augas dos ríos, variar a situación dos mares, abrollar as fontes ou curar as persoas. 

Hai quen di que mesmo os paxaros suspendían os seus voos e ficaban inmóbiles no aire para aprenderen o seu canto e melodía... Manuel de Paderna é algo poeta, tamén traballa de barbeiro e de alguacil municipal. A partir dos textos de Manuel María construímos unha viaxe divertida e curiosa a través de varias historias que lle acontecen a este máxico personaxe.