Anunciámosvos cheos de ledicia a boa nova de que o vindeiro 20 de setembro ás 20:30 horas celebraremos as "Lúas de Outono" que organiza todos os anos a Fundación Manuel María no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, co noso espectáculo familiar A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna, baseado en textos do propio Manuel María. Un espectáculo que percorreu boa parte da xeografía galega con máis de 70 funcións dende o seu nacemento alá polo mes de marzo do 2016 no corazón da Terra Chá, Vilalba. 

Aquí vos deixamos unha fermosa entrevista que nos fixeron dende o portal web "Palabra de Gatsby" que, por certo, recomendamos ferventemente. Aqui falamos de novas aventuras e proxectos. Moitas grazas a David González.

http://www.palabradegatsby.com/single-post/2017/05/08/Lucecús-Teatro-Intentamos-facer-un-teatro-do-noso-propio-para-que-o-mesmo-poida-ser-orixinal

1.  Que é Lucecús Teatro? Como xorde esta compañía?

Lucecús Teatro é un soño feito realidade. A posibilidade de facer o que máis nos gusta dun xeito profesional. Ter a posibilidade de investigar e xogar coas artes escénicas, coa escrita, co corpo, coa palabra en escena. 
A compañía xorde logo da experiencia conxunta na compañía de microteatro Microefectos Dramatúrxicos. Alí Isa Herrero, Anxo Manoel e máis eu decidimos xuntarnos e dar un paso adiante, e aquí seguimos. 

2. Persoalmente gústame a definición da compañía como “tres vagalumes que deciden xuntarse e dar un paso adiante coa máxima ilusión do mundo”. Foi complicado dar ese paso?

Montar unha empresa non é doado, se inda por riba esta pertence ao sector cultural moito máis. Por outra banda somos de Lugo, unha provincia na que hai moito traballo por facer. A programación profesional existente é moi escasa. Un dos eixes da compañía é colaborar a desenvolver esa actividade teatral, crear estruturas, público. Que nun futuro non sexa tan compricado adicarse ao teatro e vivir en Lugo. 

3.  Cales son as bases nas que se asenta a vosa concepción do teatro?

Partimos da escrita propia dos textos. A partir dahí queremos investigar e afondar sobre diferentes temas ou propostas que nos conmoven ou preocupan. Amais xogamos co espazo, intentamos facer un teatro do noso, propio, para que o mesmo poida ser orixinal.

4.  Unha obra que está collendo moita sona é A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna

É unha montaxe coa que estamos moi contentos. Fixemos unha chea de funcións, máis de 50. Unha mágoa que se vise tan pouco fóra da provincia de Lugo. É un espectáculo que funciona cos maiores e coa rapazada. Teatro familiar cen por cen que pasou moi desapercibido nas carteleiras das principais programacións do país. Un espectáculo sinxelo cunha estrutura en capas, que homenaxea á poesía popular, ao propio oficio actoral e ao teatro de cachiporra, amais dos propios textos de Manuel María que sofren unha actualización sen perder a súa esencia. Xogamos cunha dramaturxia propia a partir dos seus textos. Non entanto seguimos en ruta. Este luns 8 de maio estaremos nun colexio da Coruña.

5.  Supoño que moitas veces esquecemos que en Manuel María ademáis dun poeta dunha calidade sobresaínte, tamén hai un dramaturgo notable.

É un tema do que temos falado moito con Alberte Ansedes, Saleta Goi e a xente da Fundación Manuel María. O teatro de Manuel María é moi importante e moitos dos seus textos todavía non están publicados. Non entendemos como é posíbel que quedasen textos sen publicar sendo o autor homenaxeado nas Letras do ano pasado. 

6.  A órbita do lucecú fala dos esforzos do ser humano para chegar a metas, que moitas veces, non alcanza… Polo visto, unha premisa inicial moito máis realista que ficcional…

As personaxes do espectáculo teñen unha serie de metas na vida como chegar a Marte ou recuperar o soño de Tesla de conseguir enerxía gratuíta, pero o realmente importante non son esas metas senon todo o que hai detrás das mesmas. A soidade, o baleiro, querer deixar algo no mundo, o que sexa, calquera de nós pode ser unha das personaxes. Todas somos lucecús.

7.  Seguindo con A órbita do lucecú. Os novos medios de comunicación e unha sociedade cada vez máis tecnolóxica tamén están presentes entre as premisas da obra. 

A tecnoloxía e os medios de comunicación foron unha das primeiras premisas coas que xogamos nos ensaios e que Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, as directoras da montaxe, tan ben nos foron levando nas improvisacións. Estamos a vivir unha verdadeira revolución no xeito de comunicarnos, unha revolución que por outra parte semella deixarnos máis sós, máis aburbullados (a RAG non recoñece este termo pero penso que moitos podemos identificarnos co mesmo).

8.  Que considerades que aporta esta compañía ó teatro galego? 

Tentamos aportar espectáculos diferentes cunha chea de ilusión. Queremos asentarnos pouco a pouco, consciente da realidade que temos e que debemos ir a modiño, creando espectáculos bos, diferentes, de calidade. Iso é o que queremos aportar. 

9.  Que prometedes ó público que merca unha entrada para os vosos espectáculos?

Prometémoslle que vai pasar un bo tempo, que vai gozar e pensar. 

10.  Como definiríades a situación actual do teatro en Galicia? Credes que hai un pulo suficientemente grande das políticas culturais á industria teatral?

Pensamos que hai moitas cousas que teñen que cambiar. É preciso crear redes de traballo máis potentes así como sinerxias entre as administracións. Crear público e que haxa programacións estables. Que a xente poida ir ao teatro todas as semanas. 

11.  Tedes algún novo proxecto en mente?

Agora mesmo estamos traballando nun espectáculo familiar que se chama PingüiSOS. Unha viaxe de tres personaxes que escapan por mor das bombas e do cambio climático, a través do clown. 

Amais queremos estrear no derradeiro trimestre do ano Logos, un espectáculo que reflexiona sobre os mitos da publicidade e o consumismo, que agora mesmo está escribindo Anxo Manoel e que contará coa dirección de Santiago Cortegoso. 

12.  Para rematar. Cal considerades que é a esencia do teatro? 

A esencia do teatro é intrínseca ao ser humano. Necesitámolo para sobrevivir. Está en nós mesmos e no público. Vai máis alá da palabra, do corpo, do público ou de compartir.

Chegou a hora!

Mañá mostraremos o resultado do traballo destes últimos meses no Auditorio Municipal de Lugo, o Gustavo Freire. Os Lucecús estamos moi ilusionados por que a equipa de xente coa que contamos desta volta, é un auténtico luxo. Foi un pracer traballar con eles e mañá, será un día inesquecible.

Para moitas das do grupo, será a primeira vez, a estrea enriba dun escenario, iso é sempre, todo un evento. So podemos sentir, orgullo e unha grande satisfacción -mesturada con algún nervio solto- polo gran traballo que fixo esta nova equipa de teatreiros.

E desexarlles moito máis teatro nas súas vidas.

O 8 de outubro Lucecús Teatro participou da festa aniversario adicada ao poeta Manuel María que se realizou no propio Outeiro, organizado pola Casa Museo Manuel María. Nesta ocasión participamos cun roteiro teatral moi emocionante percorrendo os propios espazos da xeografía do poeta e do noso espectáculo "A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna".

Moitísimas grazas a todas e todos os que nos acompañastes ao longo destes dous días. Obrigados ao Concello de Lugo e a Carmen Basadre polo seu apoio. Así de felices quedamos logo da función.

Aquí tedes a reportaxe que elaborou a Fundación TIC por mor da estrea en Lugo de "A órbita do lucecú". Obrigados!Emoticón smile

Este verán podedes atoparnos nos pobos e vilas da provincia de Lugo. Xa comezamos o Cultura sobre rodas da man da Área de Cultura da Deputación de Lugo e dunha chea de asociacións e colectivos da provincia. Consultade a nosa axenda e disfrutade do noso espectáculo A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna, a partir de textos de Manuel María.  

Aquí vos deixamos a ligazón ao blog de Metátese Teatro onde poderedes atopar a crónica fotográfica do noso paso pola XVII Mostra Internacional de Teatro Amador-Profesional de Palas de Rei co noso espectáculo A órbita do lucecú.

http://teatrometatese.blogspot.com.es/2016/08/lucecus-teatro-orbita-do-lucecu.html

Aqui vos deixamos a reportaxe que TELEVINTE Chantada realizou por mor da realización do noso espectáculo "A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna" baseado en textos de Manuel María, no Auditorio de Chantada.

 O 11 de marzo estreamos o espectáculo "A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna" no Auditorio de Vilalba ás 20:30 h. Aquí vos deixamos un intre da presentación co concelleiro de cultura de Vilalba José Antonio Pita, acompañado polos Lucecús Anxo Manoel e Rubén Pérez. 

Aquí vos deixamos un dos momentos da presentación do espectáculo "A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna" na Casa Museo Manuel María, que conta co apoio da propia Fundación Manuel María así como da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Na foto Xosé Ferreiro, Deputado Delegado de Cultura, Alberto Ansede Presidente da Fundación Manuel María e Anxo Manoel e Rubén Pérez de Lucecús Teatro. E dentro de pouco teremos a presentación en Vilalba, xa queda menos!

Grazas a todos os que este Domingo 8 de Novembro, orbitástedes con nós. Foi estupendo actuar en Sarria, un público e unha organización incribles. 

Estrea Mundial no FITO de Ourense!!!!

Emocionadas estamos no Fito en Ourense, a 4 de Outubro de 2015. Hoxe estrea mundial de compañía e espectáculo, será para nós un día inolvidable.

Esperámosvos ás 19.00 no Teatro Principal.

A seguinte foto con Santi e Marián!

Grazas a todas e todos aqueles que fixeron posible esta aventura!