Na saca levamos tamén varias pezas de teatro breve! Unha marabilla!

 

Acaban de publicarnos algunhas delas, nun libro fermosísimo no que compartimos autoría cos nosos compañeiros de Microefectos Dramatúrxicos. Con eles compartimos a aventura de crear, desde fai xa uns aniños.

Xa temos os microefectos en papel, e estamos orgullosos a tope! Máis para levar que nunca! podedes atoparnos nas librarías!  

O noso tamén é axudarche a crear. Se deveces polo teatro e queres aprender ou poñer en marcha un proxecto, conta con nós!

Este ano 2017 o teatro levounos por rúas, prazas, institutos, museos... ATA MONTAMOS NO BUS... Viva o teatro e viva a Mostra teatro clásico de Lugo!